Sunday 28 de April de 2024

A Banda Municipal celebrará a semana de Viñetas cun repertorio de zarzuelas e jazz o 13 de agosto en Méndez Núñez


A formación poñerá música ao salón internacional nunha tarde multicultural na que interpretarán o programa “Viñetas sonoras: zarzuelas e jazz”, que incluirá pezas do xénero chico e ritmos jazzísticos procedentes de Austria e Estados Unidos

A Banda Municipal ofrecerá o 13 de agosto, ás 20.30 horas, un concerto nos xardíns de Méndez Núñez baixo a dirección do mestre David Fiuza. A formación interpretará o programa “Viñetas sonoras: zarzuelas e jazz”, no que incluirán obras do xénero chico asinadas por Ruperto Chapí e Miquel Asins Arbó. Na segunda parte, as persoas espectadoras achegaranse ao repertorio do austríaco Joseph Horotivz e do estadounidense George Gershwin. Deste xeito, pasarase das pezas de Arbó nas que se exalta Madrid, a ritmos jazzísticos que proveñen de Europa e Norteamérica nunha semana do cómic que tamén terá banda sonora. Así será como a banda deseñada e a música en directo uniranse nunha tarde especial, na que a veciñanza poderá desfrutar das conversas e exposicións, e rematar escoitando o recital.